Dataset Viewer
Auto-converted to Parquet Duplicate
ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
7
3.97k
text
stringlengths
0
61.3k
NOS_48440
Galiza e A Rioxa son os dous únicos territorios do Estado pendentes de aprobar o decreto de prescrición enfermeira.
O Sindicato de Enfermaría denunciou que a Galiza é, a canda A Rioxa,o único territorio no que as súas enfermeiras e enfermeiros aínda non poden indicar e usar medicamentos como as vacinas contra a Covid-19 con todas as garantías xurídicas. Transcorridos máis de dous anos e medio desde a entrada en vigor do decreto de p...
NOS_16944
Galiza, o territorio con maior diversidade de lagoas, brañas, xunqueiras, bosques húmidos e turbeiras. Ocupan máis de 7.600 hectáreas. Adega advirte que a "xestión inadecuada" canda as "nulas políticas de protección e recuperación", provocou o desecado e desparición de varios destes ecosistemas.
O 2 de febreiro é o Día mundial das zonas húmedas, unha data que conmemora o aniversario da sinatura da convención Ramsar (Irán, 1971). Como lembran desde Adega, son aquelas áreas terrestres inundadas de xeito permanente ou estacional. Ademáis de reserva de auga, sumidoiros de carbono e fonte de biodiversidade, son a n...
NOS_23585
O BNG abriu o ano, como vén sendo habitual, cunha homenaxe a Castelao na súa vila natal no cabodano do seu falecemento.
Rianxo acolleu na mañá do sábado o acto político co que o BNG homenaxea cada 7 de xaneiro Castelao, un dos homes imprescindíbeis da Galiza. "Sentímonos herdeiras e herdeiros dun pensamento e dunha tradición política máis necesaria que nunca, porque estamos vivindo tempos convulsos e confusos e, se algunha nación sen Es...
PRAZA_14856
A profesora Raquel Castillejo dirixe un congreso da USC sobre violencia machista e advirte sobre os riscos dos recortes sociais na protección das mulleres agredidas e dos tratamentos inadecuados nos medios de comunicación que presentan "os agresores, que maltratan reiteradamente", como persoas "simpáticas con todo o mu...
Raquel Castillejo, catedrática de Dereito Procesual da Universidade de Santiago, dirixe estes días en Compostela o congreso internacional Mediación e violencia de xénero. Experta no estudo e abordaxe das agresións machistas, advirte da necesidade de centrar boa parte do traballo en transmitirlles ás xeracións máis moza...
PRAZA_1022
O Colexio de Xornalistas publica un manifesto polo Día Mundial da Liberdade de Prensa, redactado por Fernando Varela (InfoLibre). A Federación de Sindicatos de Periodistas chama aos traballadores da comunicación a mobilizarse contra a precariedade no sector e polo dereito á información
Con motivo do Día Mundial da Liberdade de Prensa, que se celebra este 3 de maio, o Colexio de Xornalistas de Galicia difundiu un manifesto, redactado por Fernando Varela redactor xefe de infoLibre e membro fundador do CPXG. O texto, titulado "O xornalismo é demasiado importante como para deixalo en mans dos medios", qu...
PRAZA_1092
O Mirante Os socialistas ascenden soben 1,7 puntos, case o mesmo que cae Podemos, e o PP perde sete décimas, practicamente o mesmo que gaña Ciudadanos. O BNG sobe unha décima que lle axuda a asegurar un dos seus escanos no Congreso.
Tras o empate, o adianto. Tras varios meses como terceira forza política o PSOE consolida unha lixeira tendencia á alza cara ás eleccións xerais previstas para finais deste ano e adianta a Podemos en estimación de voto, o que implica que os de Pedro Sánchez se achegan un chisco máis a un PP que, malia seguir en primeir...
NOS_12897
"O PP fai un xogo político perverso ao tentar bloquear os orzamentos", avalía o alcalde de Lalín. Cuíña perdeu esta segunda feira o primeiro asalto da moción de confianza, mais o tempo xoga ao seu favor: o PP ten imposíbel apresentar unha moción de censura con opcións de éxito no prazo dun mes. De non o facer, a confia...
"Tranquilo", así se define Rafa Cuíña en conversa con Sermos Galiza. Ten razóns para estalo. A lei antitransfuguismo impide que o PP puidese utilizar o escano do concelleiro que se escindiu no seu día de Compromiso por Lalín. A censura non ten así condicións aritméticas de se realizar. Mais o alcalde de Lalín si está p...
NOS_40309
O Ministerio de Defensa ruso inicia unha investigación para verificar se Abu Bakr al Bagdadi foi eliminado nun ataque aéreo nas aforas de Al Raqa.
O líder do Daesh (Estado Islámico), Abu Bakr al Bagdadi, podería estar morto como consecuencia dun ataque da aviación rusa ás aforas da localidade siria de Al Raqa, segundo vén de anunciar o Ministerio de Defensa ruso. "Segundo informacións que recibimos por varias canles, o líder do Daesh, Abu Bakr al Bagdadi, atopába...
NOS_52590
A miña experiencia como enlace da Federación de Guerrillas de León-Galiza de 1942 a 1946 e como combatente na II Agrupación do Exército Guerrilleiro da Galiza de 1947 a 1951, permitiume compartir un movemento de resistencia cuxa singularidade quero pór aquí de destaque. Pretendo subliñar o pluralismo que existiu nese m...
Panorama As características do movemento guerrilleiro de León e da Galiza, están relacionadas co proceso histórico que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas León-Galiza en 1942. Esta Federación configúrase como estrutura pluralista que recolle as sensibilidades republicanas, socialistas, comunistas, anarquis...
PRAZA_1443
Todas as organizacións con representación na Administración Autonómica denuncian as "manobras" do Goberno de Feijóo nos procesos de promoción interna para manter "xente da súa confianza" en altos cargos ante un "hipotético" cambio de poder no Executivo galego.
Os sindicatos con representación na Administración Autonómica denuncian as "manobras" do Goberno galego nos procesos de promoción interna para "intentar blindar os postos máis altos do persoal funcionario, con xente da súa confianza, ante un hipotético cambio de Goberno". Así o aseguran nun comunicado conxunto CIG, CCO...
PRAZA_9684
O incendio declarado durante a noite en Dodro estendeuse a Rianxo e rolda as 850 hectáreas a primeiras horas da mañá nunha área con abondosas plantacións de eucaliptos, ameazando zonas habitadas e a circulación pola autovía da Barbanza
Outra volta, avivados polo vento. E outra volta, elevando a atención mediática e política cando as lapas pasan do interior ao eixo atlántico, onde se concentra o maior volume de poboación en Galicia. Tras arder unhas 150 hectáreas en varias vilas das provincias de Ourense e Lugo -segundo os datos divulgados pola Xunta,...
NOS_14930
O escritor e colaborador de Sermos Galiza Xurxo Souto chegou ás 100 arribadas, aos eventos vinculados a Contos do mar de Irlanda, o seu último libro. Conversamos con el arredor deste fito na promoción dun libro galego.
As 100 arribadas –actos relacionados con Contos do mar de Irlanda (Xerais)-, todo un fito na promoción dun libro galego, representan para Xurxo Souto "unha experiencia única e marabillosa que non creo que se volva repetir". O autor explica, en declaracións a Sermos Galiza, como partindo da literatura foi quen de coñece...
NOS_22064
Na abertura da vista oral, as defensas consideraron esta terza feira que o xuízo ao independentismo catalán non se debería nin ter realizado: non hai causa nin probas e, alén do máis, téñense vulnerado os dereitos fundamentais das 12 persoas acusadas. Na sesión desta cuarta feira, os fiscais —o seu xefe no estado españ...
Tribunais europeos rexeitaron as euro-ordes ditadas polo xuíz Pablo Llarena contra Puigdemont por considerar que na acción do president da Generalitat non había rebelión ao non haber violencia. Quen si a ve é o Ministerio Público español e así ficou claro na sesión desta mañá no xuízo contra as e os dirixentes soberani...
NOS_37771
Unha ducia de mobilizacións decorreron no país na defensa dunha sanidade pública e de calidade e contra as políticas privatizadoras impulsadas polos gobernos de Galiza e o Estado. Vídeo no interior.
Á mesma hora en que Núñez Feijóo, nun acto en Vilagarcía de Arousa, afirmaba que a sanidade galega goza de boa saúde e que en 2 anos o 70% d@s galeg@s vivirán nun área con hospital ou centro "novo ou reformado"; milleiros de persoas marchaban polas rúas de cidades e vilas para denunciar que 'os recortes matan'. Convoca...
PRAZA_15811
O candidato conservador, apoiado por PSD e CDS-PP, supera o 50% en todas as sondaxes e podería evitar a segunda volta. Pola esquerda, António Sampaio da Nóvoa rolda o 20%, seguido de Maria de Belém e Marisa Matias.
Portugal celebra este domingo a primeira volta das súa eleccións presidenciais, que decidirán o sucesor ou sucesora de Aníbal Cavaco Silva -que non se pode presentar a un terceiro mandato- e que pechou con polémica a súa traxectoria na Presidencia, coas súas resistencias a aceptar un goberno de esquerdas. A pesar da ma...
NOS_19942
A plataforma GCiencia botará a andar a partir de 17 de decembro Boísimo, portal que divulgará a cultura gastronómica galega atendendo á súa multidimensionalidade.
Como adiantaba Pablo López nunha entrevista a Sermos Galiza, a partir de 17 de decembro, Boísimo contribuirá á divulgación da gastronomía galega como patrimonio inmaterial. O formato será o dunha revista dixital dentro da propia GCiencia, con destacado apoio da linguaxe audiovisual. Para alén das seccións que atendan á...
NOS_15281
A última Mostra Internacional de Teatro de Ourense pechou cun recoñecemento ao infatigábel labor de Tareixa Campo (Val do Mao, O Incio, 1946) a prol da escena amadora. Dramaturga, actriz, pedagoga, fundadora da compañía clásica do teatro afeccionado Achádego hai agora tres décadas, Campo non ten prevista a retirada: "C...
Non sempre se ten en conta o papel do teatro amador. Por que cre que agora a Miteu o recoñece na súa figura? Non é na miña figura. É moita xente a que neste momento está traballando polo teatro afeccionado. Os profesionais non teñen que velo como un perigo para o seu, senón todo o contrario. Estamos facendo canteira e ...
NOS_21487
Corpos exhaustos de mulleres escravizadas sexual e reprodutivamente. Mais corpos, tamén, axentes. Disidentes. Rebeldes. E diversos. De humanas ou de seres vexetais. A eles dirixe o seu ollar Cobiza, (Xerais), a novela coa que María Reimóndez gañou o I Premio Literario Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero. ...
Nalgún dos seus outros libros de literatura xuvenil había xa algún elemento futurista. Algunha razón especial para que Cobiza sexa ciencia-ficción distópica? Ao estar co proxecto do Ciclo dos elementos, que son novelas de personaxe, contemporáneas, densas emocionalmente… preciso tamén diversificar. Necesito saír un pou...
NOS_18723
O 4 de decembro perto de 31.000 docentes poderán votar nas eleccións sindicais no ensino en Galiza para elixir 142 delegados e delegadas. Suso Bermello (CIG-Ensino) fecha a serie de pequenas entrevistas con representantes de diferentes sindicatos que concorren a estes comicios.
CIG-Ensino ten na actualidade a representación de 46% do profesorado en Galiza, a moita distancia da segunda forza, con 15%. Todo un reto para as elección do 4 de decembro, ás que o sindicato nacionalista concorre coa intención de "se manter como referente na defensa do profesorado e do ensino público galego". -Como va...
NOS_24843
Os encausados no operativo aberto a raíz daquel operativo da Audiencia Nacional, que en outubro fai un ano, entregan á CIG comunicación para debater en asembleas.
Os independentistas encausados na Operación Jaro remitiron á CIG unha comunicación para que sexa trasladada ás asembleas de delegados do sindicato, dando así cumprimento ao acordo acadado en xuño após unha xuntanza entre os imputados e a central nacionalista. A finalidade da comunicación é "espalhar no mundo laboral o ...
NOS_22845
De cara á conmemoración do 24 de febreiro, aniversario do seu nacemento, a AELG propón a iniciativa "Eu son Rosalía", vídeos para se poñer na pel da poeta.
"Eu son Rosalía porque/cando/para…", así comezarán as frases que, gravadas en vídeo, participen da nova proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) para conmemorar o 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía de Castro. A AELG convida a centros escolares, institucións, asociacións, perso...
PRAZA_15381
A editorial dará a coñecer este xoves na súa Libraría-Café de Cangas a tradución de Kikujiro e Saki, unha obra autobiográfica do actor-director xaponés que mesmo se converteu en serie de televisión.
Xa podemos ler Takeshi Kitano en galego. Rinoceronte vén de editar a tradución de Kikujiro e Saki, unha obra autobiográfica do actor-director xaponés que mesmo se converteu en serie de televisión. Presentarao este xoves na Libraría-Café que a editorial ten en Cangas. E non estará Kitano pero si a súa tradutora do xapon...
NOS_57693
O alcalde de Poio, Luciano Sobral (BNG), é unha das caras visíbeis das homenaxes polo Día da Galiza Mártir. O acto na Caeira, lugar onde asasinaron a Alexandre Bóveda, é a imaxe que cada ano lembra a memoria das persoas que sufriron o terror da violencia imposta tras o golpe de Estado que trouxo a ditadura ao país.
—Como será o Día da Galiza Mártir este ano en Poio unha vez rematadas as restricións pola pandemia?Tratamos de recuperar os formatos que tiñamos antes da pandemia cos actos que estaban previstos todos os anos. Voltamos ao formato habitual engadindo a entrega dos premios Galiza Mártir no propio monumento, e que este ano...
NOS_47401
Pide abrir un novo proceso para regular unhas tarifas eléctricas que non prexudiquen a consumidores, particulares nin Pemes.
O BNG vén de rexistrar no Congreso varias iniciativas co obxectivo de que o Goberno do Estado retire o Proxecto de Orde pola que se estabelecen os prezos dos cargos do sistema eléctrico e dos pagos por capacidade para abrir un novo proceso que permita acometer con garantías os cambios que se deben incluír. O deputado n...
QUEPASA_719
En Cabana, unha muller falecía tras sufrir un envorco co seu tractor, mentres que en Malpica era un atropelo a causa da morte.
Volveu ser un día tráxico nas estradas da comarca o martes 6 de agosto. Despois do accidente do mediodía en Camariñas, as estradas de Bergantiños rexistraban dous accidentes mortais. A primeira hora da tarde, arredor das 16:30h, unha muller de máis de 70 anos falecía tras envorcar o seu tractor no lugar de Pedrouzo can...
NOS_11129
A Cámara de Representantes estadounidense, tal e como se agardaba, decidiu acusar esta terza feira, 10 de decembro, o presidente do país de abuso de poder e de obstrución á Cámara baixa.
A Cámara de Representantes dos Estados Unidos, tal e como se agardaba, decidiu acusar onte o presidente do país, Donald Trump, de dous cargos ─abuso de poder e obstrución ao Congreso─, avanzando desta maneira no proceso de xuízo político ou impeachment contra o mandatario estadounidense. Foi o xefe da Comisión Xudicial...
NOS_7146
Erlantz Ibarrondo (Madrid, 1977) é o avogado que representa os afeccionados deportivistas que estiveron nas inmediacións do estadio Vicente Calderón cando membros do Frente Atlético asasinaron a Javier Romero Taboada (Jimmy). No último mes, estas persoas recibiron sancións de 60.001 euros polas que o BNG vén de reclama...
Cantos afeccionados do Deportivo defende en relación aos feitos do Manzanares? Ao redor de 70 persoas, contando tamén as 54 que veñen de recibir sancións administrativas cuxas resolucións se están a ditar. Ten elementos de convición que lle fagan pensar nunha quedada ou máis ben foi unha emboscada planificada contra a ...
PRAZA_6452
Boa parte dos ingleses están máis dispostos a aceptar, con certa frialdade e afastamento, a independencia escocesa ca unha substancial mellora do seu financiamento e das súas capacidades fiscais.
A prensa londinense deste domingo recolle a dramática apelación do prime minister Cameron a encher os exteriores das vivendas dos ingleses, galeses e norirlandeses de bandeiras escocesas para "salvarmos a Unión". Os tres partidos principais (conservadores, laboristas e liberal-demócratas) canda cadanseus líderes (David...
PRAZA_18703
As evidencias empíricas non parecen dar a razón aos agoireiros: non hai, de ningures, base científica que demostre que se da unha relación directa entre SMI alto e desemprego xuvenil elevado
Non rematara Pedro Sánchez de anunciar a intención do seu goberno de subir o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) aos 900 euros a partir de xaneiro do 2019 (actualmente está nos 736 euros polo que de levarse a cabo suporá a maior suba de sempre) cando a dereita política e social, así como os seus altofalantes que son ...
PRAZA_704
A crise económica serviu de pórtico para que reputados homes de negocios con abondosos contactos nos círculos de poder do país pasasen da crónica política e social á de tribunais.
Praza do Obradoiro, setembro de 2005. Monbús planta 45 autobuses na compostelá e peonil Praza do Obradoiro. As autoridades da cidade permitiran de bo grao que o xigante do transporte convertera o monumental espazo nunha caste de salón de actos ao aire libre para presentar os novos vehículos da súa frota. O propietario ...
NOS_2321
A proposición de lei levaría implícito o mandato de instar o Goberno central a que derrogue a LOMCE. A CIG quer tamén que se destine o 7% do PIB galego á educación.
"Esta ILP responde á vontade de que se produza un cambio de rumbo fundamental para o ensino público galego despois dos recortes levados a cabo polo Partido Popular", explicou esta cuarta feira o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, ás portas do Parlamento galego, minutos antes de rexistra unha proposición de...
NOS_9914
Unai Sordo, secretario xeral de CCOO, é partidario de que o Goberno español faga as mudanzas nas reformas laborais "antes do verán".
O secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, reiterou a pasada cuarta feira en Vigo aos medios de comunicación que "desmontar aspectos centrais da reforma laboral" debe conseguirse "bastante antes do verán". Apuntou que "ninguén pode ter dereito a veto na negociación" e, se non é posíbel facer a derrogación co acordo da pat...
NOS_44346
O presidente da Xunta anuncia novas baixadas de impostos en 2023 "sen desatender os servizos públicos básicos".
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, vén de ratificar que a Galiza priorizará nos orzamentos de 2023 unha redución de impostos ás rendas "máis baixas", ao mesmo tempo que lembrou que o país ten a súa propia "senda" na carga impositiva. Precisamente, Rueda comparecerá a próxima semana no Parlamento galego par...
NOS_3577
O Concello presentou o seu programa dedicada á Narración Oral para o 20 de marzo. Actuarán, entre outras voces, Candido Pazó, Quico Cadaval e Raquel Queizás.
O Concello de Pontevedra presentou esta terza feira o seu programa para celebrar o Día Internacional da Narración Oral 2022 este domingo 20 de marzo. O denominado 'Festival dos Sete Falares', unha cita consolidada na cidade, contará para a ocasión co convento de Santa Clara. A concelleira de Festas, Carme de Silva, sin...
NOS_16857
Unhas 800 familias da factoría coruñesa dependen da decisión que se podería coñecer esta segunda-feira e que desde o comité de empresa agardan con "confianza" mais sen deixar a mobilización.
O persoal da fábrica de Alcoa na Coruña afrontan con "incerteza" a poxa enerxética que terá lugar esta segunda-feira, aínda que podería adiarse un día máis- e da que depende o futuro dos 400 postos de emprego da factoría, así como outros tantos indirectos, agora en claro perigo. En declaracións á axencia Europa Press, ...
NOS_1584
A alcaldesa confirma que o Concello executou a sentenza que anula a licenza para a explotación da canteira o pasado mes de novembro, tras a resolución do Tribunal Supremo que desbota a súa legalización.
A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, informou esta sexta feira de que o Concello "xa suspendeu" o mes pasado a licenza que permitía a actividade de Cementos Cosmos na explotación mineira a ceo aberto situada na parte superior da Cova de Eirós, un xacemento arqueolóxico recoñecido como Ben de Interese Cultural pol...
NOS_37800
Baixo o lema "Todas con dereitos, ningunha con medo"
A Secretaría das Mulleres da CUT anuncia a convocatoria de folga xeral de mulleres para este 8 de marzo baixo o lema "Todas con dereitos, ningunha con medo". Deste modo, este 8 de marzo transcorrerá a cuarta folga xeral de mulleres convocada consecutivamente por esta central sindical en Galiza. No acto de rexistro da c...
NOS_6024
Amer recibe a comitiva cun fechamento de comercios e locais.
Inés Arrimadas e un grupo de dirixentes e militantes de Ciudadanos desprazouse a Amer, localidade natal de Carles Puigdemont, para arrincar lazos amarelos, a cor da solidariedade cos presos e presas políticos catalás. 26 minutos durou a visita da peculiar comitiva unionista a esta vila, onde nin eles nin ninguna forza ...
NOS_56993
Compromiso retoca o seu logo e presenta unha campaña de vocación "bidireccional" baixo o lema "A túa voz".
Sandra Araúxo e Inma López Silva, candidatas de Compromiso por Galicia na provincia de Pontevedra, presentaron esta cuarta feira a nova imaxe e o lema de campaña da formación galeguista, que matiza o X do seu anagrama para o "converter no símbolo dun punto de encontro". Así mesmo, a formación que encabeza Xoán Bascuas ...
PRAZA_3568
Francisco Caamaño Isorna é profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC. Falamos con el sobre o estado no que se atopa a propagación do coronavirus en Galicia, as medidas adoptadas polas autoridade e sobre o que a cidadanía pode facer para colaborar no freo á extensión da enfermidade.
"En principio, todo nos fai pensar que isto se vai xeneralizar, aínda que é posible que en Galicia aínda tarde máis que en lugares como Madrid ou Barcelona"En Galicia hai xa máis de 40 persoas infectadas polo coronavirus e no conxunto do Estado o número de casos conformados sumar os dous mil, mantendo un crecemento que...
NOS_25011
Malia que a paciente padecía patoloxías previas que dificultaron a súa curación, este pasamento sucede cando a evolución dos contaxios é peor na xente máis nova, en pleno proceso de vacinación ou aínda sen cita.
Unha muller de 38 anos converteuse na cuarta feira na vítima 2.439 do coronavirus na Galiza. Malia que a vítima tiña patoloxías previas que dificultaron que superase a enfermidade, nun momento no que os contaxios entre a xente máis nova van en aumento refrenda as advertencias das autoridades sanitarias: a xente de meno...
NOS_42344
A oposición a uns orzamentos 'antisociais' fíxose escoitar ás portas do Parlamento por boca de centos de concentrad@s na Rúa do Hórreo, tomada pola Policía a xeito da mellor tradición de cidade ocupada. Cantouse o 'Grandola' de Zeca e o 'Uah' de Suso Vaamonde. Houbo momentos de tensión, cos antidisturbios amagando con ...
Desde primeiras horas da mañá, as carriñas da Policía Nacional e a Rúa do Hórreo (onde está o Parlamento) cortada ao tránsito rodado e limitada ao peonil amosaban que hai quen entende o Parlamento como un bunker. Acantonado e aillado fronte ás protestas cidadáns que ese día ían ter como punto de encontro a Cámara auton...
PRAZA_19713
A renda per cápita de Galicia pechou 2015 no 79% da media comunitaria, mentres que a Xunta prevera acadar o 95%. O país afástase da converxencia europea pero gaña posicións relativas a respecto doutros territorios do Estado, que retrocederon máis.
A economía galega xa medra a un ritmo semellante ao anterior á crise. O Produto Interior Bruto do país rematou 2016 cun crecemento do 3,1%, segundo os datos provisionais do IGE, o que supuxo o terceiro exercicio consecutivo de cifras positivas. No entanto, este crecemento non ten a súa correspondencia noutros indicador...
PRAZA_14116
Este venres celébrase o Pop Voyage, un festival realizado integramente nun barco que navegará pola ría de Arousa dende as dez da noite, coas actuacións das bandas galegas Músculo! e Trajano, semifinalistas do Proyecto Demo de Radio3, e Álex Casanova. Un bo anticipo para o Lolapop de Redondela, que terá lugar o sábado.
Este é o plan: meter a 150 persoas nun barco que parte de Vilagarcía e tocar para eles mentres a embarcación navega pola ría de Arousa, pasando por Cortegada, Rianxo e Boiro para volver despois a Vilagarcía para unha festa final. O menu: bandas galegas novas e en crecemento, dende o ruidismo que lle fai as beiras á ele...
NOS_10005
A cifra máis alta desde 2015.
Un total de 470.000 fogares galegos, 44% do conxunto, recibiron en 2020 máis da metade dos seus ingresos de prestacións públicas, xa sexan pensións da Seguridade Social, subsidios de desemprego ou outras axudas non contributivas como a Renda de inclusión social de Galicia (Risga). De acordo cos datos do Instituto Galeg...
NOS_50232
Este 25X fanse 50 anos daquel Día da Patria de 1968 na que o nacionalismo volveu ás rúas de Santiago para reivindicar os dereitos nacionais de Galiza.
'Sumar por Galiza' é o lema escollido polo BNG para este 25 de Xullo, Día da Patria Galega. Unha data que este ano fai o seu 50 aniversario: foi en 1968 -após décadas de parón pola ditadura franquista-, cando o nacionalismo galego foi quen de desafiar esa represión para recuperar a manifestación nas rúas de Compostela ...
PRAZA_9790
"O PP segue sen entender que as sentenzas esixen renuncias reais e non en diferido", advirte Gonzalo Caballero sobre o posible impacto do caso da Valedora nas eleccións xerais. "Tampouco Rajoy quixo ver a importancia da sentenza da Gürtel", dille a Feijóo
A práctica totalidade das enquisas preelectorais cara aos comicios xerais do 28 de abril coinciden en sinalar que o PSOE será a forza máis votada cun ascenso potenciado pola división do voto da dereita que mesmo o PP sinalou nos seus argumentarios internos de precampaña. Pero esas expectativas optimistas infunden nos d...
NOS_25235
O deputado nacionalista negou que a desfeita medioambiental fose un simple accidente, como dixo a Xunta.
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, demandou esta mañá ao Ministro de Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, "respostas concretas" á colaboración do Goberno central na recuperación das Fragas do Eume, máis o Ministro non puxo cifras concretas sobre a mesa. Jorquera dirixiuse ao Ministro de Me...
NOS_43284
Fronte ás peticións da oposición, o portavoz parlamentar do Partido Popular de Galiza tentou sortear a polémica e asegurou que non entrará "en cuestións que afectan outras comunidades".
Todos os grupos da oposición no Parlamento galego coincidiron esta segunda feira en reclamar ao PP que se pronuncie sobre o chamado 'pin parental' (veto parental) proposto por Vox e que nos últimos días acaparou o foco mediático, co obxectivo de que se "desterre dunha vez por todas" da educación e a política galega. En...
NOS_40339
Peregrin@s apuparon a Rajoy cando entraba na Catedral. Os presidentes español e galego anuncian no acto oficial de devolución do Códice Calixtino a sinatura de convenios coa Catedral para mellorar a proteción do patrimonio.
Coa solemnidade que gostan ambos presidentes, Mariano Rajoy e Núñez Feijóo, decorreu o acto oficial de devolución do Códice Calixtino á Catedral de Compostela. Alén de anunciar a sinatura dun convenio que garanta mellor protección do patrimonio, Rajoy expresou o seu agradecemento a tod@s @s que traballaron "e persevera...
NOS_28978
A Organización Mundial da Saúde instou os Estados a realizaren probas de detección da enfermidade COVID-19 para unha contención eficaz. Porén, o Estado español limitou a súa realización nos últimos días, restrinxíndoa ao persoal sanitario e aos casos máis graves, e ficando lonxe de exemplos como o de Corea do Sur, onde...
Probas de detección, illamento e rastreo dos casos son, segundo o director xeral da Organización Mundial da Saúde, Tedros Adhano, a "columna vertebral" das medidas para facer fronte á expansión do brote da COVID-19. Nunha comparecencia ante os medios de comunicación, Tedros Adhano celebrou que diferentes Estados aposta...
NOS_58474
Após rematar o Plan Aluga, o goberno galego non habilitou un programa de vivenda para mulleres en situación de violencia machista.
"Os recursos cos que contan estas mulleres son moi poucos", conta Rosa Fontaíña desde a Rede contra os malos tratos de Vigo. En conversa con Sermos Galiza explica que logo de rematar --en 2011-- o Plan Aluga (2009) "non hai axudas" para aquelas mulleres que se atopan en situación de violencia machista. "Cando saen dos ...
End of preview. Expand in Data Studio
README.md exists but content is empty.
Downloads last month
23